Somascos a guarda

Proxecto

Obxectivo do programa:
Este proxecto permítenos traballar a cooperación internacional para o desenvolvemento, baixo un enfoque crítico de defensa dos dereitos da infancia vulnerable, integrando os contidos das distintas materias. Así, convértense en centro do proxecto: a acción do servizo (campaña de colección de fondos a través de distintas actividades a favor dos dereitos dos nenos) e as aprendizaxes (interese por coñecer e comprender o mundo; análise crítico e reflexión; empatía, actitudes solidarias e metaavaliación).


Xustificación do proxecto:
Na sociedade tan individualizada como a actual convén planear estratexias que potencien valores como a solidariedade, tolerancia, igualdade de oportunidade e xustiza, como un dos obxectivos principais para o desenvolvemento integral do alumnado. Durante anos o noso centro colaborou en campañas solidarias e proxectos de cooperación, non só porque estas actividades conectan co noso ideario, senón porque  o vemos como  un auténtico beneficio educativo.
Este proxecto está baseado no aprendizaxe servizo, sistematizando os aprendizaxes e vinculándoos ao currículo de diferentes materias. É unha maneira de ensinar e de aprender a través dun servizo que se presta e un compromiso social: aprender a ser competentes sendo útiles aos demais. Ten como finalidade principal a transmisión destes valores para lograr o crecemento persoal, social e comunitario do noso alumnado.

ACTIVIDADES DE COMPROMISO SOCIAL:
1. APERTURA DO PROXECTO. Necesidade social de sensibilizar aos nenos e mozos das realidades doutros lugares desfavorecidos. Na presentación do Proxecto contamos coa colaboración do P. José Luís Montes Fernández, P. Provincial da congregación Somasca que deu unha charla e proxectou un documental sobre o  “Lar Sao Jeronimo”.                           
2. BELÉN MOZAMBIQUEÑO. Trasladar o Lar Sao Jeronimo de Mozambique ao noso centro mediante un belén coas pezas e imaxes propias  de alí. Que toda a comunidade vexa a Xesús sempre ao lado dos máis humildes e desfavorecidos.
3. AXUDEMOS AOS NENOS. Promovemos os dereitos da infancia vulnerable mediante acción solidaria-voluntaria para mellorar a calidade de vida dos nenos da nosa ONGD Somasca. A actividade consiste en recoller fondos para esta actuación humanitaria; a cota é libre e voluntaria e debe proceder dos aforros mensuais do propio esforzo dos nenos polo que o alumnado está organizado en grupo e cada un deles e durante un mes poden doar ao colexio –fogar as pagas ou recadacións que consideren oportunas. A recadación desta acción de voluntariado foi recollida nun eurómetro visible no corredoiro da entrada principal do centro.
4. A ARTE UNE MUNDOS, a que non sodes capaces de crear pulseiras solidarias? A actividade consistiu en deseñar o modelo de pulseira, a xestión, promoción e venta. A recadación das pulseiras é integramente para o colexio Lar en Mozambique. O alumnado de ESO colaborou dunha maneira moi altruísta na venta de ditas pulseiras facéndose visible incluso nas súas redes sociais. O martes 24 de abril o curso de cuarto de ESO estivo presente nos puntos de maior interese da vila(mercado, supermercados, centro de saúde e na saída de misa) para véndelas.               
5. ENTROIDO AFRICANO.  O alumnado coñecera grazas a esta festividade outro continente, outra cultura e tradición na que se atopao “Lar S᷈ao Jeronimo de Mozambique. Os distintos alumnos disfrazaranse representando a cultura africana.
6. SOMASQUIÑOS. Baixo a premisa a que non sodes capaces de ser actores por 1 día? farase o deseño dunha obra de teatro coa ONGD como tema principal. A produción irá a cargo do alumnado da ESO como participación da profesora de Lingua española e Literatura como coordinadora da obra. A representación será la Semana Educativa do centro.
7. MUROZAMBIQUE. O muro do patio do centro transformase cunha paisaxe da realidade, cultura e tradición do Lar Sao Jeronimo en Mozambique. O alumnado de ESO traerá Mozambique ao noso patio mediante una representación plástica e artística deseñada por eles mesmos. Será pintado no mes de xuño contando co bo tempo.
(Deseño levado a cabo por alumnas de 2º de ESO).
8. MULTICONCERTO SOLIDARIO. Pretendemos encher o patio con música dos distintos artista e grupos da contorna que colaboren de maneira desinteresada, voluntaria e benéfica O concerto será a finais do mes de xuño. A recolecta será benéfica para a ONGD.
9. COMEMOS XUNTOS. Conseguir que veña a maior parte da comunidade educativa invitando aos antigos pais e alumnos do centro. Organizaranse distintas actividades centradas na temática Mozambiqueña.