Somascos a guarda

Pastoral

Lema deste ano: PENSO, VIVO E APRENDO:

pastoral lema

PRETENDEMOS

Desde a Pastoral pretendemos que o noso centro sexa una Comunidade Educativa na que os nenos, nenas e mozos de orixe e condicións diferentes, se poidan educar un xunto ao outro, atendendo aos nosos alumnos nos aspectos emocionais, sociais e existenciais. Aceptamos e promovemos plenamente os valores humanos e cristiáns, buscando a educación íntegra que fai posible una sociedade máis xusta, educando nun clima de apertura, respecto e valoración da persoa e da vida humana.

Seguindo as orientacións propias do noso ideario como centro católico, os seus obxectivos principais son:

1. Impulsar a opción evanxelizadora a todo o proceso educativo, e desde esa dimensión, dar unidade e coherencia a nosa acción educativa.

2. Favorecer unha experiencia de vida de fe, con algunhas celebracións que terán lugar ao longo do ano académico: ao inicio do curso, Nadal, Coresma, S. Xerome, etc.

3. Fomentar, diariamente, os valores humano - cristiáns dentro e fóra da aula.

4. Conmemorar datas relativas ao ámbito social (Día contra a Violencia de Xénero, Día da Paz, etc.), así como outras actividades de compromiso social encadradas noutros ámbitos, que aparecen recollidas no Proxecto Global do Centro.

5. Vivenciar os tempos litúrxicos: Advento, Nadal, Coresma, Semana Santa e Pascua.

6. Coñecer á persoa de San Xerome Emiliani, titular do centro, o seu espírito e a súa obra.

7. Promover a ONG Pro - Mozambique a través do Proxecto Global do Centro.

8. Fomentar a Pastoral vocacional para axudar a buscar e acompañar aos nosos alumnos na busca do seu camiño e vocación como cristiáns.

9. Traballar as APSs (Aprendizaxe servizo), participando en actos solidarios como o Domund, Mans Unidas , Campaña do Quilo, ...

10. Afondar en proxectos de educación emocional, integrando o PAT e a Pastoral.


ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO:

ADHESIVO VOLUNTARIADO-COLLAGE

 

 1. Oración da mañá en diferentes linguas.

2. Inauguración oficial do curso o 27 Setembro cunha paraliturxia. (Publicada no xornal Atalaia do noso centro).

3. Proxecto ProMozambique. Actividades de compromiso social levadas a cabo durante todo o curso escolar.

4. Recollida de roupa con S.O.S. África.

5. Domund (22 de outubro): “Termómetro solidario”, cada aula tivo un termómetro que subía segundo o que se ía recollendo diariamente. Tamén contamos con outro no patio que resumía a recadación global.

6. Celebración de Todos os Santos e Defuntos.

7. Día internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro). Cada titor organizará a actividade, e á súa conclusión o alumno portará un adhesivo cun lazo morado. Na etapa da ESO o alumnado participará nunhas actividades e charlas organizadas polo CIM do concello de A Guarda. (Publicada no xornal Atalaia do noso centro).

8. O martes 5 de decembro, Día do Voluntariado, o alumnado levou para casa unha adhesivo conmemorativo deste día para concienciar á sociedade. Eles mesmos foron póndose ditos adhesivos uns aos outros. En colaboración coa “Cruz Roja” de A Guarda, os titores da ESO recibiron unha folla co enlace dun vídeo http://www.cruzroja.es/principal/web/voluntariado e unha pequena referencia sobre o voluntariado.

9. Advento. Elaborar ou colorear un calendario de advento o un camiño de Nadal e buscar pequenas películasou documentais sobre o nacemento de Xesús.

10. Nadal: paraliturxia de Nadal e concurso de postais.

11. Operación Quilo-Litro incidindo nas APSs a través do rexistro en táboas atendendo á masa-volume ou/e clasificación dos alimentos.

12. Día da Paz. Fixemos un mosaico con forma de corazón e un lazo colaborando coa Asociación Bicos de Papel en favor dos nenos con cancro.

13. San Xerome. Eucaristía e paraliturxia, xornada de convivencia na busca do tesouro” e a paleta “ Coñecédesme realmente?”.

14. Coresma. Confesións a partir de cuarto de Educación Primaria.