Somascos a guarda

Economía

A materia de Economía impartida en 4º da ESO ten como obxectivo principal achegar os conceptos económicos básicos ó alumnado así coma fomentar neles/as o espírito emprendedor. A través dos distintos contidos buscarase que se identifiquen a si mesmos/as coma axentes económicos e que
entendan como se interrelacionan e lles afectan as decisións e actuacións dos distintos axentes e magnitudes micro e macroeconómicos. Para tal fin abordaranse temas clave coma o funcionamento e importancia das empresas, as funcións do Sector Público, a economía internacional ou as relacións
entre xuro, inflación e desemprego entre outros.De xeito transversal, darase especial importancia á correcta xestión dos recursos naturais e ás consecuencias medioambientais dunha actividade económica pouco responsable, buscando así concienciar sobre a necesidade dun desenvolvemento sustentable.

Material de referencia:
- Libro de Texto e Libro Dixital “Economía, 4º de E.S.O.” de Editorial Anaya. (Autor_ Ramón Castro Pérez)
- “Propuesta Didáctica para Economía, 4º de E.S.O.” de Editorial Anaya. (Autor: Ramón Castro Pérez)

Webs para a procura de información e ampliación de contidos:
http://www.expansion.com
http://www.datosmacro.com
http://www.ipyme.org
http://www.mineco.gob.es
http://ine.es
https://www.ige.eu