Somascos a guarda

Educación Infantil

escuela infantil modulo

A Educación Infantil é a etapa educativa que atende a nenos e nenas dende o nacemento ata os seis anos coa finalidade de contribuir ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual. Organízase en dous ciclos: o primeiro comprende ata os tres anos e no segundo, que é gratuito, vai dende os tres aos seis anos de idade.

Nos dous ciclos da Educación Infantil aténdese progresivamente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal; as manifestacións de comunicación e da linguaxe, as pautas elementais de convivencia e relación social, así coma ao descubrimento das características físicas e sociais do medio. Ademais propíciase que os nenos e nenas logren unha imaxe positiva e equilibrada de si mesmos e adquiran autonomía persoal.

 

 

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.