Somascos a guarda

“O ESCUDO” POEMA MUSICADO

Os alumnos de ESO (2º, 3º e algún de 4º) puxéronlle música e voz ao poema

“O escudo “de Manuel María, poeta homenaxeado nas Letras Galegas 2016. A

gravación realizouse no ximnasio do centro escolar para participar na

actividade que o Concello da Guarda propuxera.

 

E. Infantil foron ao teatro García Barbón

Infantil teatro garcia barbonO pasado 4 de maio os nenos/as de E. Infantil foron ao teatro García Barbón, en Vigo, a ver a actuación musical "Mamá cabra, 15 primaveras" financiada pola fundación Abanca.
Disfrutaron da representación e pasárono moi ben.
teatro infantil

PROXECTO XERMOLIÑO CONTRA A OBESIDADE INFANTIL EN ED. PRIMARIA.

Xermoliño horta ecolóxica 1O alumnado de educación primaria embarcouse nun proxecto de sensibilización contra a obesidade infantil chamado "Xermoliño".
Cremos que adoitar un estilo de vida e alimentación saudable desde idades temperás, marcan a diferenza para o resto da nosa vida.
As nosas aulas transformáronse en auténticas tendas de produtos frescos e saudables á vez que se van levando a cabo múltiples actividades nas diversas materias. 
A través do Proxecto Xermoliño estimularase o espíritu crítico do alumnado á hora de alimentarse, así como a importancia dun axeitado estilo de vida.

 

Musiqueando 2016

Musiqueando 2016 A Guarda 11O martes 26 de Abril, o coro do colexio acudiu á Praza do Reloxo para a grabación de varias cancións con motivo da celebración de Musiqueando 2016, convocatoria nacional de concertos escolares na rúa, organizada pola Confederación de Asociacións de Educación Musical (COAEM).

O obxectivo de Musiqueando 2016 é celebrar un día de festa pola Música escolar e compartilo con toda a sociedade española. Para iso tiveron que sacar a música das aulas á rúa e facer un pequeno concerto. Neste caso o lugar escollido foi a Plaza do Reloxo de A Guarda, onde interpretaron as seguintes pezas: "A Saia da Carolina", "A Virxe de Guardalupe", "Catro vellos mariñeiros", "O paraugas do Xosé" e "Somos ciudadanos de un mundo".
 
Os alumnos, moi ilusionados pola actividade, foron dirixidos pola directora do coro, María Vicente Fernández, e acompañados por algúns padres, ademais de Marisilda (directora del coro hasta hace unos años) e Guillermo Treinta (profesor de música na ESO, quen se encargou de grabar as cancións). Todos aplaudiron con moito gusto as actuacións.
Celebrar e vivir a música é un dereito que todos debemos disfrutar, facendo e escoitando música. Co lema de Musiqueando 2016, #nosimportalamusica, agradecemos a participación a todos os componentes do coro.

link 256Enlace á nota de prensa

TEATRO NA AULA

resized TEATRO EN EL AULA 2016 27 

O teatro ofrece moitísimas ventaxas aos estudantes:

  • Favorece a súa formación integral como seres sociais
  • Permite desenvolver as diferentes formas de expresión
  • Fomenta a confianza nun mesmo
  • Aporta autonomía persoal
  • E ensina a poñerse no lugar doutras persoas diferentes a eles/as.

Por iso, os/as alumnos/as de 4º de Primaria puxéronse mans á obra e representaron catro pequenas historias que eles/as mesmos inventaron, acompañándoas duhnas maquetas donde explicaban o argumento das súas obras.

ARRIBA O PANO!

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.