Somascos a guarda

EP co entrenador do Atletico Guardes

Entrenador guardesRecentemente a clase De EP mantivo unha charla con Jose Ignacio Prades, adestrador do Atletico Gardes. Nos conto como ía o seu periplo no equipo, o adaptado e querido que se sente na vila asi como o feliz que se atopa de ver gozar ao seu fillo no noso colexio

Consello escolar

Celebradas as eleccións para a renovación parcial do consello escolar o pasado 23 de novembro, os representantes dos pais/nais elixidos son os seguintes: Antonio Martínez Saracho e Silvia Pérez Lomba.

2º de ESO participa na charla " O monte é a nosa vida "

noticia merce

Os alumnos de 2º de ESO, asistiron e participaron, ás doce da mañá do pasado 15 de novembro, na charla multiconferencia " O monte é a nosa vida ". Está promovida por Confemadera Galicia co obxectivo de espertar e sensibilizar o valor ambiental, social e económico que representa o monte para Galicia.

A charla difundida desde o centro de Supercomputación de Galicia, en Santiago, contou tamén coa participación doutros seis centros máis.

As preguntas dos escolares centráronse na deforestación da terra, os incendios, ou as zonas máis interesantes para recoller cogomelos.

VISITA EXPOSICIÓN “ ESCENARIOS DA PREHISTORIA”

resized IMG 20161106 WA0005

O luns 7 de novembro, os alumnos e alumnas de 4º e 5º de E. Primaria visitaron no Centro Cultural a exposición “Escenarios da Prehistoria”.

A visita realizárona guiados pola técnico de cultura do concello.

Como se fai o pan

mariajo noticia Pan

O día 26 de outubro, Fernando, da panaderia Do Muño, eu ao cole explicarnos como se fai o pan. Na clase fixo a masa, nós démoslle forma e despois fomos á panaderia para cocela. ¡Fixemos un pan delicioso! ¡Moitísimas grazas , Fernando!

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.