Somascos a guarda

Obradoiro de Educación emocional

IE taller

O claustro participa os días 1  2 de febreiro na terceira fase formativa de educación emocional.

O programa deu comezo en marzo de 2016, continuou en xullo e septembro, co deseño de proxectos para traballar as emocions na aula, e culmina agora con sesións de coaching e coa xornada formativa "como comprender mejor a la generación Y", a cargo de Ana San José, formadora con ampla experiencia neste tema.

Enerxía, auga e máquinas

E I Maquinas

O pasado día 11 de Xaneiro o Primeiro e Segundo Ciclo de Educación Infantil fomos ao Centro Cultural convidados pola Consellería de Cultura e Educación a visitar a exposición chamada “Enerxía, auga e máquinas”.

A exposición constaba de tres máquinas en madeira e dúas rodas hidráulicas que as movían e dez paneis explicativos.

Foi unha visita guiada polo autor da exposición, Carlos Javier Álvarez Fernández.

Erguete con 6º de primaria

erguete 6

Como resultado dunha serie de actividades encamiñadas a favorecer unha formación integral do alumno en tódalas súas facetas como persoa, a técnica de prevención Mª Jesús Rodríguez Pérez da Asociación Erguete Baixo Miño, leva a cabo nos meses de xaneiro e febreiro un Programa de Educación para la saúde na escola cos alumno de 6º de EPO con unha duración de catro sesións.

A intervención socioeducativa levarase a cabo dende a perspectiva da prevención, cunha serie de actividades encamiñadas a adquirir valores saudables e normas de convivencia, adquirindo habilidades persoais e sociais para a prevención de situacións de risco ou conflito.

Reciclamos con SOGAMA

O pasado mes de Decembro, o alumnado da etapa de Educación Primaria embarcouse nun novo proxecto interdisciplinar chamado "Reciclamos con SOGAMA" que ten como obxectivo tomar conciencia sobre a importancia do reciclaxe no noso día a día así coma a importante responsabilidade que temos para protexer o noso planeta. A través deste proxecto, que terá como duración todo o curso, traballaráse de maneira global desde todas as áreas de aprendizaxe, contidos e valores ambientais que lles axudarán a introducir no seu estilo de vida rutinas ecolóxicas que non destrúan o medio no que vivimos. Para isto contamos co apoio e colaboración de SOGAMA (Asociación Galega do Medio Ambiente).


Algunhas das actividades que xa se puxeron en marcha no noso ECO-COLE son por exemplo as Ecopatrullas de vixilancia nos patios. A figura da ECO-Patrulla consiste en un grupo mixto formado por un neno/a de cada unha das clases de Primaria que patrullarán durante unha semana os recreos verificando que os residuos son reciclados correctamente nos seus contenedores correspondentes, coidando que non se desperdicie auga tanto nos grifos como nos baños, e comprobando que nas aulas e corredores non queden encendidas as luces cando baixamos e garantir así o aforro enerxético. Os ecopatrulladores levan postos os seus chalecos distintivos e ao final da semana recibirán un recoñecemente en función dos obxectivos logrados. Por outra banda, entre todo o alumnado se diseñou a mascota do noso proxecto, que salíu a concurso antes das vacacións e que próximamente aparecerá ó carón do panel de rexistro das ecopatrullas no patio. 
No mes de xaneiro empezaremos ca promoción de Eco-consellos para por enpráctica nas nosas casa e que cada mes variarán de temática. Cada mes encargaráse unha clase e neste mes empezan os nenos e nenas de 1º de Primaria co aforro enerxético.

Obradoiro “Estimulación da linguaxe”

Taller E T

O pasado 29 de Novembro organizamos no noso Centro Educativo o noso primeiro obradoiro para pais e nais, o tema “Estimulación da linguaxe”.

O obradoiro foi impartido pola P.T. Ana Rodríguez e a A.L. Yolanda Fernández.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.