Somascos a guarda

Fina Casalderey visita o noso centro

O noso centro tivo o honor de recibir á escritora e académica Fina Casalderrey o pasado mércores 15 de marzo. A visita tiña como obxectivo principal falar cos alumnos de 2º de ESO sobre o libro A pomba e o degolado. Os alumnos cheos de interese, escoitaron abraiados as maxistrais explicacións da autora.CASAL REY

Xosefa Casalderrey Fraga (Fina Casalderrey) naceu en Xeve (Pontevedra), en agosto de 1951. Estudou maxisterio e desde os 19 anos exerceu como mestre. A súa carreira literaria comezou en 1991 coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. Desde entón ten publicado numerosas novelas para rapaces escritas en galego, como Dúas bágoas por Máquina e O estanque dos parrulos pobres. Con O misterios dos fillos de Lúa, recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 1995. Participou como articulista no informe da UNESCO de 1997: “La educación encierra un tesoro”.

O seu amor pola investigación etnográfica levouna a participar, dirixindo aos sus alumnos e alumnas, en concursos promovidos pola Xunta de Galicia e o Museo de Pontevedra entre outros (traballos galardonados con diferentes premios), así como a publicar, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia, todos eles libros de investigación.

Escritora prolífica onde as haxa, ingresou na Real Academia Galega (RAG) en 2013.

Concurso de Relato Curto "Coca-cola"

coca cola

O pasado venres 10 de marzo celebrouse a 9ª Edición do concurso de Relato Curto organizado por Coca-cola. A actividade tivo lugar na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Á convocatoria asistieron de noso colexio: Laura Alonso Barreiro, Laura Baz Álvarez, Ana Fernández Pacheco e Borja Rodríguez Pérez, todos alumnos de 2º da ESO.

Este año entregóuselles unha cámara na que podían ver imaxes de Galicia e podían ler a frase “non vemos o que vemos, vemos o que somos “; dita frase debía aparecer nalgún lugar do relato e as imaxes poderían servir como fonte de inspiración.

ACOSO

resized IMG 20170310 131504

Alumnos e alumnas de 5º e 6º de EPO, tiveron a oportunidade de recibir e participar nunha charla relacionada co acoso, principalmente co acoso escolar, o pasado venres día 10.

Foi impartida por un membro da Garda Civil experto no tema.

Na charla-conversa falouse das diferentes clases de acoso, de como actuar no caso de ser acosado/a, a quen acudir e pedir axuda, ….(entre outras cousas).

Mannequin Challenge no aniversario de Rosalía de Castro

Non era fácil escribir en galego no século XIX e moito menos sendo muller. Rosalía de Castro fíxoo, rompendo así o longo silencio dos Séculos Escuros. Esta muller demostrou a viabilidade dunha obra de auténtica altura literaria, convertíndose na figura central da literatura galega e mitificada polo pobo galego, xa que se viu reflictido nela e aprendeu a ter conciencia da súa propia dignidade.

É o centro do Rexurdimento xunto con Curros e Pondal, e é estudada na literatura universal como membro do Postromanticismo e está considerada xunto con Bécquer, a precursora da poesía española moderna.

Os alumnos de 4º da ESO quixéronlle render homenaxe creando un emocionante maniquí Challenge no que intentan recoller os símbolos máis rosalianos: a morriña, a tristura, o medo, a dor, a emigración, as viúvas, a rebeldía, etc., son símbolos constantes nos poemas da autora; aquí quedan proxectadas nas oposicións de luz e sombra, o branco e o negro, a “negra sombra” que a persegue desde que nace, o cravo, a flor, o moucho, etc.

Un 24 de febreiro de 1837 naceu esta muller e endexamáis nos cansaremos de lle rendir homenaxe porque é parte da nosa idiosincrasia.

Tesouro 2016/17

tesouro2017

Accede ás imáxes e videos desta xornada dende o seguinte enlace   link

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.