Somascos a guarda

Recantos, costumes e Historia da Guarda

IMG 20170505 104441 1 Recantos

Os alumnos de 2º de Educación Primaria estiveron inmersos nunha actividade de investivigación de recantos, costumes, Historia e curiosidades de súa localidade. Nela contaron coa participación do doutor e historiador Miguel Villa, profesor do centro, que lles falou, entre moitas cousas, da historia das casas indianas que hai na Vila.

O DÍA DO LIBRO

dia libro

Co motivo do centenario do nacemento de Gloria Fuertes, o Día do Libro, no noso centro, estivo dedicado a ela.

Cada curso elixiu un poema da autora e fixo un mural para decorar os corredores.

O día 21 venres, todos os alumnos realizaron un percorrido polos murais elaborados polos seus compañeiros.

O CORO DO COLEXIO PARTICIPA, POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO, EN MUSIQUEANDO

O día 27 de abril tivo lugar en toda España, unha vez máis,  a festa da Educación Musical, que consiste nunha xornada de concertos escolares na rúa. No caso do coro do colexio, saíron á Praza do Reló, onde cantaron as seguintes cancións: "A saia da Carolina", "Collín, collín, claveles e rosas", "Na beira do mar", ¿Que levas...?, "O paraugas do Xosé", "Somos ciudadanos de un mundo", "Carabú carabú", "Simama Ka".

 A Confederación de Asociacións de Educación Musical (COAEM) lanzou por segundo ano consecutivo esta convocatoria dirixida a todos os docentes e alumnos/as de Música de centros escolares de educación primaria, secundaria e bacharelato do estado español. As cifras de participación foron fenomenáis: entorno a 20.500 alumnos/as –máis do dobre que na convocatoria anterior-, pertenecentes a máis de 200 centros educativos repartidos pola xeografía española. 

 Os profesionais da Educación Musical lanzan esta iniciativa para difundir á sociedade en xeral o que se fai  nas aulas de música dos nosos colexios e institutos e así lograr unha maior sensibilización sobre a importancia da música nas nosas vidas e na educación. En definitiva, para que todos poidan ver, escoitar e disfrutar a música, en calquiera rúa ou praza dos nosos pobos e cidades.

Entroido 2916/17

entroido 2016 17

Participación, xunto coa maior parte dos centros educativos da Guarda, no desfile de Entroido que transcorre polas rúas da vila. A actividade arranca coa elaboración de disfraces nas aulas para que cada nivel forme a súa comparsa, acompañada de música e cantigas propias desta celebración, en galego. Participan só as etapas de Infantil e Primaria.

O noso centro destaca sempre por fomentar as tradicións e costumes galegos mediante a elección de temas vencellados á nosa terra (temos elaborado xa disfraces de Sargadelos, de peliqueiros, de especies mariñas (coa presenza da langosta, produto do que se celebra unha festa gastronómica de renome na localidade), as aves, os xogos populares, etc. Nesta ocasión, o tema é ”a horta galega”

Visita de Maruxo

maruxo

A visita ao centro dun veciño da vila, Maruxo, apaixoado e gran coñecedor de Rosalia, que lles falou aos nenos/as da autora e recitou os seus versos dun xeito cálido e cercano.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.