Somascos a guarda

Procedemento de admisión do alumnado

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

CURSO 2016-2017

PRAZAS VACANTES

C.P.R. plurilingüe PP.Somascos   - Fundación Educere

A Guarda (PONTEVEDRA)

Curso Nº Prazas Prazas ocupadas Prazas ofertadas
4º Ed.Infantil 25 0 22+3 NEE
5º Ed.Infantil 25 17 8
6º Ed.Infantil 25 15 10
1º Ed.Primaria 25 25 0+0 NEE
2º Ed.Primaria 25 24 1
3º Ed.Primaria 25 25 0
4º Ed.Primaria 25 25 0
5º Ed.Primaria 25 16 9
6º Ed.Primaria 25 22 3
1º ESO 30 24 3+3 NEE
2º ESO 30 27 3
3º ESO 30 22 8
4º ESO 30 23 7

CONSIDERACIÓNS XERAIS  

Alumnado con garantía de permanencia

O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia no mesmo nos termos establecidos no artigo 5.1. do Decreto 254/2012. Polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá dun novo procedemento de autorización agás que coincida cun cambio de centro.

Sen prexuízo desta garantía, os pais nais ou titores do alumnado que o desexen poderán presentar unha solicitude de admisión noutro centro educativo, debendo remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro. De resultar admitido neste, perderá o dereito de per­manencia no centro de orixe.

Solicitudes de admisión

A solicitude axustarase ao modelo oficial (ANEXO II da orde), será ÚNICA e nela poderán relacionarse ata seis centros, por orde de preferencia, debendo ser presentada no centro solicitado en primeiro lugar. A infracción do establecido neste artigo determinará an perda dos dereitos de prioridade.

A solicitude de admisión en supostos de ruptura familiar (separación ou divorcio) deberá ser asinada por ambos proxenitores.

Prazos para o proceso de admisión de alumnos para o curso 2016/2017

  1. 1.O centro publicará os postos escolares dispoñibles antes do 1 de marzo.
  1. 2.Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 29 de marzo

A documentación acreditativa para o baremo será presentada do 1 ao 12 de abril.

  1. 3.Publicación das listaxes de admitidos e non admitidos

Listaxe PROVISIONAL: antes do 25 de abril.

Listaxe DEFINITIVA: antes do 15 de maio.

Haberá un período de reclamación de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da listaxe en ambos casos.

  1. 4. Prazos de formalización de matrícula
    1. Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño.
    2. ESO: do 25 de xuño ao 10 de xullo.
    3. Prazo extraordinario para ESO: do 1 ao 10 de setembro.

A matrícula axustarase ao ANEXO III-1 (Ed. Infantil e Ed. Primaria) e ao ANEXO III-2 (E.S.O.) da orde. O Anexo-A será tamén cumprimentado no caso de pais con varios fillos escolarizados. Se rematado o prazo non se tivese formalizado, perderase o dereito á praza obtida.