Somascos a guarda

Concerto didáctico no centro

 

      O pasado mércores 17 de decembro, os alumnos do centro que contan coa asignatura de música entre as súas materias de estudo, disfrutaron dun concerto didáctico a cargo de José Stewart e Jaime Moreno.

 

      O concerto comezou coa presentación teórica dos instrumentos que tocan, para deleitarnos, a continuación, cunha demostración práctica de diversos temas cos devanditos instrumentos por separado para terminar cunha actuación en conxunto.

 

      A finalidade da demostración era que os nenos visen e aprendesen como son os instrumentos e a súa función dentro  da música: como solista ou dentro dun conxunto musical así como que valorasen e apreciasen a música en directo.

 

concierto José Stewart 16concierto José Stewart 19concierto José Stewart 20concierto José Stewart 8