Somascos a guarda

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

En cumprimento da normativa vixente, este curso corresponde efectuar a renovación parcial dos membros do consello escolar (dous representantes dos pais e profesorado e un do alumnado).

Reunida a xunta electoral o 2 de novembro, estableceu o seguinte calendario para o proceso:

Do 7 ao 15 de novembro: prazo de presentación de candidaturas.

Do 9 ao 22: comprobación dos datos do censo electoral.

DÍA 23: ELECCIÓNS (para facilitar a conciliación familiar e laboral e para alterar o mínimo posible a organización do centro, a mesa estará aberta nos horarios de entrada e saída, de 8:20 a 9:30 e de 13:00 a 13:45h.)

Proxecto Xermoliño

20160610 111205

Ao longo destes últimos meses estamos levando a cabo na etapa de Primaria o Proxecto XERMOLIÑO contra a obesidade infantil a través do cal promóvense estilos de vida saudables.
Aquí tendes unha mostra das diferentes actividades levadas a cabo: A visita a Panadería Morales e a Xornada Deportiva Intercentros co campionato de fútbol entre os diferentes colexios de A Guarda no noso centro), todas as clases tiveron visitas guiadas á plaza de abastos, visitas á "Ecotenda de Carme" onde descubriron as vantaxes da alimentación ecolóxica, foron panadeiros por un día grazas aos obradoiros de pan na panadería Morales, Xornada de deportes e xogos populares no Clube de tenis Codesal así commo outras múltiples actividades de aula.

 

N.º premiado das rifas

rifa xornadas.png

Antonio Rodriguez Martínez é o gañador do premio das rifas con motivo das Xornadas Deportivas. Que recaeu no número 473.

Desexamos que o desfrute e máis sorte ao resto de participantes nunha próxima ocasión.

O mercado 2º primaria

20160506 124007

 

O "Espectáculo Sene-Galego"

Auditorio San Benito

O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, xunto co de outros Centros Escolares de Primaria de A Guarda, asistiu hoxe, día 18 de Maio, ó Auditorio de San Bieito para participar no evento "Espectáculo Sene-Galego" que levou a cabo a compañía Mbolo mooye doolé. Consistiu en aproximadamente 40 minutos con demostración de danza e percusión africana, animación con cancións africanas e gallegas para que todo el alumnado participase. En resumo, unha mistura de cultura galega e africana para celebrar o Día das Letras Galegas en interculturalidade.

Alumnos 1 y 2 Primaria