Somascos a guarda

Carlos Casares, Tríptico Conmemorativo

FOTO 2 TRIPTICO

Os alumnos de 2º da ESO foron os autores do Tríptico Conmemorativo entregado a todo o alumnado e profesorado do centro o 16 de maio; este foi o día elixido para a celebración das Letras Galegas 2017 no colexio. Dito tríptico é o resultado do traballo dos alumnos/as do curso antes citado na materia de Investigación e Tratamento da Información.

FOTO TRIPTICO

A Galiña Azul, polos alumnos de 5º EP

Os alumnos de 5º Educación Primaria foron os protagonistas da adaptación teatral da obra de Carlos Casares A galiña Azul. A actuación tivo lugar o 16 de maio na capela do centro, e foi sen dúbida a mellor homenaxe que o colexio lle rendeu ao autor ourensán.

galinha azul

A galiña azul é probablemente o máis popular dos libros de Carlos Casares e un dos fitos fundamentais da literatura infantil galega. Publicada orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo.

O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora,  que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades.

Gañadora da primeira edición do Concurso de Contos infantís da Asociación O Facho, da Coruña, A galiña azul é un libro pioneiro no que Casares desliza, baixo a aparencia de conto infantil, a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.

Musiqueando 2017

 

O coro do colexio participando en Musiqueando 2017, que ten por lema #nosimportalamusica".

 link

Carlos Casares no colexio

IMG 20170509 WA0001 Carlos Casares1

A Real Academia Galega adícalle o Día das Letras deste ano aCarlos Casares Mouriño. Este escritor naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941. Pasou a súa infancia na vila ourensá de Xinzo de Limia xunto cos seus pais Francisco e Manuela e os seus dous irmáns. Estudou Humanidades no Seminario de Ourense, estudos que abandonou para facer o bacharelato por libre o que lle deixou tempo para asistir ao faladoiro do galeguista Vicente Risco no Café Parque, da capital ourensá.

Continuou os estudos de Filoloxía na universidade de Santiago de Compostela. Durante este tempo publicou relatos na revista Grial e, en 1967, publicou na Editorial Galaxia a súa primeira obra, «Vento ferido». Entrou na Real Academia Galega no ano 1978, sendo daquela o membro máis novo de todos eles. Participou en política chegando a ser membro do primeiro parlamento galego. Grazas ao seu traballo, xunto ao doutros parlamentarios, aprobouse a Lei de Normalización Lingüística e a creación do Consello da Cultura Galega.

Foi director da Editorial Galaxia e da revista Grial, ademais de ser un prolífico escritor. Foi o gran precursor da literatura infantil en galego coas obras «A galiña azul» e «As laranxas máis laranxas de todas as laranxas». Casou con Kristina Berg, de nacionalidade sueca, coa que tivo dous fillos: Hakan e Christian. Carlos Casares faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002.

Aí veñen os Maios!

thumbnail DSCF0002 Maios 1

Esta primeira semana de maio os rapaces do noso colexio viñeron cargados de xestas, cocas ou carrabouxos, tullas e flores silvestres, para celebrar a festa dos Maios. A pesares de que a tradición dos maios na nosa zona consiste en enfeitar a noite do 30 de abril, con xesta, os coches e as portas das casas para empezar este mes protexidos dos malos espíritos, os nosos alumnos e alumnas quixeron sumarse ás festas doutros lugares de Galicia, elaborando auténticos maios.

A festa dos Maios é unha festa popular de orixes ancestrais, desde os celtas. Cos Maios celebramos a chegada da primavera, do bo tempo e do comezo do ano agrícola.

Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1º de maio, se ben en Ourense, faise tradicionalmente o día 3, día da Santa Cruz , que na tradición cristiá representa a árbore da que nos veñen a vida, a saúde e a resurrección.

Os "maios" foron pensados  para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posibles ameazas naturais ou sobrenaturais.

En zonas como Ourense, Lugo, Pontevedra, Redondela e Cangas… a festa consiste en realizar representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio

Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios) mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus.