Somascos a guarda

Mindfulness

A asociación Érguete Baixo Miño levará a cabo no noso centro, un programa de Mindfulness (meditación), dentro do “Programa Empodérate 2017”. Está dirixido ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Comezamos o 22 de setembro en horario lectivo, cunha duración dunha sesión semanal durante cinco venres.

Algúns dos obxectivos do programa son: mellorar as relacións interpersonais, reducir situacións de conflitividade, mellorar a concentración e memoria, regular as emocións, aumentar a empatía e a compaixón, aminorar os niveis de estrés, ansiedade e medo, etc.

Contidos:

  • 1. Faite amigo da túa respiración

  • 2. Consciencia corporal

  • 3. Pensamentos e emocións

  • 4. Respiración e atención

  • 5. Respiración e concentración

Pregamos que os pais e nais destes cursos leven ao centro un coxín e unha mantiña, para a correcta realización das actividades. Sería conveniente tamén que os alumnos levasen sempre calcetíns.