Somascos a guarda

COÑECEDES A LAMPREA?

charla lamprea

O luns 9 de abril o alumnado de 6º de EPO participou na Casa dos Alonso nunha charla, xunto con outro colexio da vila, sobre a lamprea do río Miño.

A actividade constaba de dúas partes: una primeira, a proxección dunha reportaxe da súa pesca na desembocadura do Miño completada coa explicación dun pescador e dun biólogo.

Nesta parte, moi interesante foi a información que dous pescadores da contorna, que alí se atopaban, lles deron. Mostráronlles as artes de pesca empregadas, os libros de rexistro das capturas, as licencias, diferentes luces que indican que pescan nese momento, os equipos de protección obrigatorios,…, e outras curiosidades sobre a mesma.

Para que puideran coñecela, había una metida nunha peixeira. Un dos pescadores colleuna e nenos e nenas tiveron a ocasión de vela moi de cerca.

A segunda parte da actividade é a realización dun debuxo coa temática “Desembocadura do río Miño e a lamprea”. Serán expostos nos distintos restaurantes e cafeterías que participen nas xornadas gastronómicas da mesma .

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.