Somascos a guarda

PROXECTO PRO – MOZAMBIQUE ONGD

Durante anos, o noso centro ten colaborado en campañas solidarias e proxectos de cooperación, no só porque estas actividades conectan con noso ideario, senón porque vemos un auténtico beneficio educativo nos alumnos que se implican.

Este proxecto Pro - Mozambique ONGD está baseado na aprendizaxe servizo, sistematizando as aprendizaxes e vinculándoas ao currículo de diferentes materias. Tamén ten como finalidade principal a transmisión de valores para lograr o crecemento persoal, social e comunitario de noso alumnado.

 

FOTO Anagrama MozambiqueAnagrama do Proxecto

Así o Lar S᷈᷈ao Jerônimo en Mozambique, convértese no centro do noso traballo, cuxo fin último é axudalos a través dunha campaña de colección de fondos transformada nun conxunto de actividades variadas.

Todo arrancou cunha presentación do Lar, a cargo de José Luís Montes Fernández, P. Provincial da congregación Somasca, na que aparecían outros Padres Somascos residentes alí ao lado dos nenos.

FOTO Padre Montes Infantil IMG 2212P. Montes presentando aos alumnos o Lar S᷈᷈ao Jerônimo en Mozambique

Tamén o Belén do P. Vidal transformouse este ano para formar parte do Proxecto, levando así, o nome de Belén mozambiqueño, e adoitando unas características totalmente diferentes ás tradicionais, xa que era una maqueta ou réplica do Lar S᷈᷈ao Jerônimo en Mozambique.

FOTO BELEN VIDAL 1El P. Vidal e o seu Belén mozambiqueño

Están en marcha outras actividades como A arte une mundos que consiste no deseño de pulseiras solidarias por parte dos alumnos e logo da elección das máis adecuadas, poranse á venta.

FOTO PULSERAS 2Pulseras deseñadas polos alumnos.

Ao longo do curso están programadas outras actividades como o Entroido Africano, un Multiconcerto solidario ou o obradoiro de teatro Somasquiños entre outras.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.