Somascos a guarda

Cómo son os nenos de dous anos

Debemos ter en conta que aínda que certas actitudes, comportamentos e cambios físicos tenden a producirse a certa idade, hai moita variación no que se considera normal, posto que cada neno é distinto.

Os nenos de dous anos son moi activos e empezan a perder a aparencia de bebé.

Ao longo deste ano desenvolverá novas e emocionantes habilidades. O neno experimentará grandes cambios intelectuais, motrices, sociais e emocionais que lle axudarán a explorar e a entender o mundo que o rodea.

Veremos a un neno desexoso de explorar novos obxectos, lugares e persoas. Nesta etapa amosará maior independencia, comezando mesmo a presentar condutas desafiantes.

A súa vida está organizada en torno ao que sinta pero, a vez, está comezando a construír o seu coñecemento do mundo a partir das respostas que o medio lle dá.

CARACTERÍSTICAS MOTRICES

O desenvolvemento motor perfeccionase ao longo do ano, grazas á práctica incesante que realiza o neno de tódalas habilidades que posúe e de outras que conseguirá. Será desta maneira, coa práctica, coma o neno chegará ao coñecemento do seu propio corpo e das súas posibilidades e limitacións, ademais de permitirlle desenrolar un papel moito máis activo na súa relación co ambiente.

A necesidade de experimentación motora é intensa, continuamente inventa e descobre novos xeitos de desprazamento. Xa domina moi ben todo o seu corpo, polo que se despraza axilmente e máis erguido, con bo equilibrio, mantendo as pernas máis xuntas e sen mirarse os pés. A súa seguridade nos desprazamentos é tal, que corre confiadamente e atrévese a saltar dende un escaleirón, ou sinxelamente, a ras do chan.

A mellora na coordinación de movementos, permítelle cambiar de dirección ou postura de xeito máis seguro. É capaz de porse en pé partindo da posición de xeonllos, sen necesidade de apoiarse, sostense nun pé e ponse de puntillas, é capaz de subir e baixar as escaleiras, inda que aínda non alterna os pés e precisa de apoio.

Busca a súa independencia respecto do adulto, por isto podémoslle ver subíndose con facilidade a calquera sitio, buscando por si mesmo as estratexias motoras precisas para conseguir aquilo que se propón.

Gozará enormemente coas pelotas ou balóns, descubrindo novas formas de xogar, pateándoas sen perder o equilibrio e aumentando a forza no lanzamento, será capaz de atrapalas cos brazos estirados se llas tiran con suavidade, ou polo menos intentarao, e as lanzará con maior precisión.

Grazas á práctica de certas habilidades motrices (camiñar, agocharse ou correr), ao longo deste ano iranse convertendo en actos motores automáticos, e dicir, o neno non se deberá concentrar na realización destes actos, o que lle permitirá que toda a súa atención se dirixa a outro tipo de habilidades dentro do proceso de desenvolvemento e aprendizaxe.

As habilidades motoras finas experimentan un gran avance ao longo deste ano. Porá en xogo o pulso, as mans e os dedos para coller obxectos moi pequenos, enroscar, xirar, resgar, abrir ou pechar. Esta progresión daralle maior autonomía nas actividades cotiás coma o emprego dos cubertos, porse e quitarse prendas de vestir e participar máis activamente no seu aseo.

Así mesmo veranse progresos no emprego das pinturas, que ata agora sostiña con todo o puño, pasando a empregar o polgar e o resto dos dedos, aumentando a precisión e a presión. Os garabatos no papel iranse dun lado a outro sen intención, son consecuencia do pracer do movemento, no que desembocará o intento de representación. Será capaz de imitar trazos verticais e horizontais con dous anos e medio para, ao final deste ano, ser capaz de facer círculos.

CARACTERÍSTICAS COGNITIVAS

As principais características desta etapa, en canto ao desenvolvemento cognitivo, son as seguintes:

Grazas a práctica de certas habilidades motrices (camiñar, agocharse ou correr), ao longo deste ano iranse convertendo en actos motores automáticos, e dicir, o neno non se deberá concentrar na realización destes actos, o que lle permitira que toda a súa atención se dirixa a outro tipo de habilidades dentro do proceso de desenvolvemento e aprendizaxe.

As habilidades motoras finas experimentan un gran avance ao longo deste ano:

- Centración: O neno fixa a súa atención nun aspecto concreto, obviando os detalles.

- Egocentrismo: Cree que todo o mundo pensa e sinta coma el.

- Irreversibilidade: É incapaz de realizar unha tarefa nos dous sentidos.

- Sincretismo: O neno establece conexións entre obxectos ou sucesos, sen que haxa ningún tipo de asociación casual ou lóxica.

A súa forma de aprendizaxe radica na técnica de ensaio e erro, o neno deberá probar varias posibilidades ata dar coa adecuada para conseguir ou dar resposta ao obxectivo proposto. A repetición segue sendo fundamental para o desenvolvemento cognitivo e o aprendizaxe de novas habilidades e actitudes, pois mediante ela o neno entende os conceptos, busca por si mesmo medios novos para resolver os problemas e establece relacións causa-efecto.

O concepto de obxecto está plenamente conseguido. A acción de esconder un obxecto xa non supón para o neno a idea de que este non existe, pois é capaz de manter unha representación mental do mesmo, podendo xogar con el a esconder xoguetes e que os busque en calquera recuncho.

Ten capacidades para ordenar ou clasificar obxectos segundo a súa forma ou cor, imitar accións dos adultos e outros nenos, comprender conceptos abstractos coma “dentro/fora” ou “enriba/debaixo” pero non esquezamos que o mellor xeito para que o neno os aprenda é facer que os experimente.

Aínda ten pouca capacidade de atención, aínda que se lle interesa mantense a escoita dun conto máis longo que no ano anterior, e incluso chamará a nosa atención ante frases que digamos de xeito diferente respecto das veces anteriores, Pode memorizar rimas e cancións curtas. Gústanlle os crebacabezas, os xogos de encaixe e calquera outro xoguete que lle axude a entender as relacións do espazo.

CARACTERÍSTICAS DA LINGUAXE

Ao iniciar este ano xa posúe un amplo vocabulario, que aumentará enormemente. Nun principio emprega palabras que coñece para referirse a cousas parecidas, e empregará o nome correcto de cada unha cando o escoite varias veces. Por outra banda, cando quere dicir algo cuxo nome non sabe, recorre a unha composición de palabras que coñece, a que substituirá cando escoite o nome correcto, incorporándoo ao seu vocabulario.

A fala nesta idade faise máis clara e superará a etapa da “holofrase”, para expresar máis amplamente as súas necesidades e desexos. Ao comezo deste ano constitúe frases de dúas ou tres palabras (linguaxe telegráfico), onde predominan os nomes e os pronomes posesivos, “meu”, “min”, empregando verbos e inclusive algún adxectivo. Co paso dos meses construirá frases máis complexas, empregando artículos ou preposicións e incluíndo formas dalgúns verbos.

A linguaxe comprensiva progresa con rapidez. O neno de 2 anos é capaz de entender frases cada vez máis longas e complexas. Comprende mellor as preguntas que lle fan, respostando primeiro con accións e máis adiante só mediante a linguaxe.

A linguaxe está aínda subordinada á actividade que se fai, e será moi habitual oírlle falar incansablemente mentres xoga. Sentira desexos de intervir nas conversacións dos demais, e está moi interesado en que o seu interlocutor entenda a súa mensaxe, polo que se esforzará para que así sexa.

É capaz de empregar a linguaxe de xeito imaxinativo, inventando historias ou explicando cousas máis significativas do que lle pasou. Gústalle xogar cos sons, construíndo palabras sen sentido, rimas e cancións, ou grupos de palabras que se repiten nos contos coma nun ritual.

CARACTERÍSTICAS AFECTIVO-SOCIAIS

A esta idade o neno comeza a manifestar emocións cada vez máis complexas, parecidas xa as dun adulto. É por isto que se sinta orgulloso dos seus logros, aínda que tamén vergoña, culpabilidade, celos, amor,etc.

O negativismo xunto coa terquedade, as rabietas e as loitas de poder son comúns. Estas condutas son a maneira na que os nenos lle fan saber ao mundo que teñen as súas propias ideas, e que queren tomar decisións por si sós, é a súa maneira de afirmar o seu Eu, pero seguen sen entender coma as súas accións afectan aos demais.

A pesar do afán de independencia e autoafirmación, o neno de 2 anos segue manifestando independencia do adulto, chama a súa atención para amosarlle os seus logros ou trata de facerlle rir, buscando o seu afecto e aprobación que, xunto coa búsqueda de afectividade, fomenta o desenvolvemento da súa autoestima.

A capacidade para expresar as súas necesidades e pensamentos a través da linguaxe axúdalle a ser máis independente, pero algunhas veces é moi posible que os nenos desta idade carezan aínda de habilidade suficiente para identificar e clasificar as súas emocións, o que pode facerlles sentir impotentes e frustrados. Estas situacións poderanse aplacar se facemos ver ao neno que entendemos o que sinte e lle permitimos que o exprese abertamente dentro dun clima de aceptación, comprensión e cariño. Todo isto axudarálle a calmarse e seralle moito máis sinxelo enfrontarse ao desafío.

Arredor dos dous anos e medio o xogo ocupa un lugar importante, pois agora alcanza un valor social elemental. É a través do xogo coma o neno interactúa cos seus iguais aínda que será normal ver a nenos desta idade xogando ao lado doutros pero non con eles. Será no último trimestre deste ano cando se fará máis patente o interese do neno polo que fan os seus compañeiros, aumentando o tempo que comparte os seus xogos. Este xogo en grupos requirirá supervisión do adulto, pois poden surxir situacións realmente conflitivas.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.