Somascos a guarda

Metodoloxía

Se entendemos por metodoloxía o xeito de facer para que os nosos alumnos acaden os obxectivos propostos e conseguir o seu desenvolvemento integral, é obvio, e máis neste nivel educativo, partir das características psicoevolutivas e as necesidades básicas dos nenos que temos na aula.

Debemos entender as necesidades básicas, non só as relacionadas coa hixiene, alimentación e descanso, senón tamén as necesidades de afecto, cariño, estimulación , xogo e de ser tratado como ser individual, que ten os seus propios sentimentos e ritmo.

Atendendo a todo o anterior, este proxecto, ofrece aos nenos experiencias que lles facilitan o desenvolvemento de todas as capacidades e aprendizaxes que lles permiten adoptar unha conduta cada vez máis autónoma.

APRENDIZAXE SIGNIFICATIVO

Se queremos que os aprendizaxes que o neno realiza contribúan ao seu desenvolvemento, debemos partir dos seus coñecementos previos e facer uso de actividades que capten o seu interese e teñan sentido para el. Deste xeito establecerá relacións entre as súas experiencias anteriores e as novas, levando a cabo as aprendizaxes.

ENFOQUE GLOBALIZADOR

Esta perspectiva considérase a máis adecuada, pola consideración do proceso de aprendizaxe coma un proceso global no que o neno pon en xogo todas as súas áreas de desenvolvemento establecendo múltiples conexións entre o que xa sabía e o novo. Deste xeito, quédanos a nos “coma educadores” plantexar o proceso de ensinanza-aprendizaxe coma un todo mediante unha organización clara e coherente dos conceptos, procedementos e actitudes das áreas nas que se extructuran os contidos.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Debemos partir do feito de que os nenos son diferentes e teñen capacidades distintas, polo que debemos conseguir que cada un poda progresar respecto as súas posibilidades e limitacións.

ACTIVIDADE E XOGO

É o neno quen constitúe o seu propio coñecemento, polo que a acción e a experimentación son as principais fontes para o aprendizaxe e o desenvolvemento. Así mesmo, o xogo é considerado como a actividade propia desta etapa, Na que nel se xuntan o seu carácter motivador e as posibilidades para que os nenos establezan relacións significativas.

AFECTIVIDADE E SOCIALIZACIÓN

É preciso crear un ambiente afectuoso, acolledor e seguro, pois se o neno se sinte querido e arroupado estará disposto a explorar e coñecer o que lle rodea. Nesta idade é imprescindible que o educador trate de establecer un vínculo afectivo con cada neno, transmitíndolle a confianza e seguridade básicas que precisa para o seu desenvolvemento. Os compañeiros tamén son unha fonte de experiencias, constituíndo un obxectivo educativo e un recurso metodolóxico clave. A interacción cos iguais facilita o progreso intelectual, afectivo e social do individuo.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.