Somascos a guarda

O noso fundador

A congregación dos PP. Somascos foi fundada por S. Xerome Emiliani, nacido en Venecia (Italia) no 1486.

Encadeado por defender Venecia foi liberado pola Virxe María que lle amosou o camiño para unha nova vida. Comezou coidando dos seus sobriños orfos e despois adicouse a atender os nenos que como consecuencia da guerra e da peste quedaban sen familia. Procuraba que recibisen unha formación humana e relixiosa, así como aprender un oficio.

O 8 de febreiro de 1537, despois dunha vida de entrega aos demais, morre na pequena aldea de Somasca.

O seu proxecto educativo: traballo, devoción e caridade, suscitou un amplo movemento de amigos e cooperadores que deu orixe á Congregación dos PP. Somascos.

 AS OBRAS:

A congregación dos PP. Somascos desenvolve a súa labor en Italia, España, Estados Unidos, México, O Salvador, Honduras, Guatemala, Colombia, Ecuador, Brasil, Sri Lanka, India e Filipinas.

Adícase a traballar en fogares de protección de menores, colexios, parroquias e outras obras relacionadas coa xuventude.

En España están presentes dende 1957, contando coas seguintes obras:

 COLEXIO S. FERMÍN

Caldas de Reis (Pontevedra)

Ed. Infantil, Primaria, Secundaria e Ciclos Formativos.

COLEXIO APÓSTOL SANTIAGO

Aranjuez (Madrid)

Ed. Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Internado (masculino e feminino) e Seminario.

RESIDENCIA UNIVERSITARIA EMILIANI

Madrid.

PARROQUIA N.ª SRA. DEL ROSARIO

Badalona (Barcelona)

CENTRO DE MENORES “LLAR SANTA ROSALÍA”

Teiá (Barcelona).

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.