Somascos a guarda

O noso estilo educativo

O noso punto de partida é a concepción do home como señor do mundo e fillo de Deus. Criatura plena de dignidade e merecedora de todo respecto, dotado de medios para acadar a verdade de vivir en amor e liberdade.

Dentro da nosa concepción, defendemos a familia e potenciamos a xustiza, a solidariedade, o respecto a fraternidade como medios de transformar o mundo no que vivimos.

Plantexamos unha visión do home, dentro dunha sociedade pluralista, comprometido na construcción dunha sociedade libre da explotación, o egoismo, a xenofobia e o racismo.

 CONTIDOS DA NOSA EDUCACIÓN:

Estamos para e dende:

- A convicción de que o home vale máis polo seu ser auténtico que polo seu facer e a súa riqueza material.

- O respecto a tódolos homes, a paz, a convivencia e a comunicación.

- A crenza de que o home é un ser aberto a Deus que dá censo a súa vida e a súa relación cos demais homes e co mundo.

- A autonomía e a liberdade persoal como autorrealización e madurez.

- A solidariedade e a fraternidade.

- A responsabilidade persoal, o senso do deber e a valoración do traballo como medio enriquecedor da propia persoa e como aportación á transformación da sociedade.

- O centro da xustiza nas relacións persoais e nas estructuras sociais.

- A educación nestes aspectos só é posible se a vida mesma do Centro encarna, na súa estructura e nos seus membros, o que quere transmitir.

 CRITERIOS PEDAGÓXICOS:

- Cultivo harmónico e equilibrado da personalidade do alumno a través dunha pedagoxía personalizada, baseada no amor.

- Exercicio dunha pedagoxía activa que fomente a busca de verdades e certezas.

- Orientación para ocio e o seu aproveitamento, promovendo a integración en grupos solidarios, culturais e deportivos.

- Fomentar a aprendizaxe como un valor, así como o coñecemento. Trato de cercanía, amizade e espírito de servizo.

COMUNIDADE EDUCATIVA:

Desexamos que a Comunidade Educativa ofreza a todos un aire de familia por:

- Ambiente sinxelo e aberto.

- As relacións interpersoais alimentadas polo diálogo, a comprensión e a amabilidade.

- A comunicación de valores, criterios e métodos.

- A mutua harmonía e axuda.

- A esixencia persoal no cumprimento das propias obrigas.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.