Somascos a guarda

 

O xoves 31 de maio, os alumnos e alumnas de 6º E. Primaria e 1º da ESO asistiron a unha representación teatral ofrecida pola editorial Galaxia. Estaba dirixida ao alumnado desta idade coa intención de explicar a obra Leonardo e os fontaneiros de María Victoria Moreno, homenaxeada este ano nas Letras Galegas: Tamén o alumnado de 3º e 4º de ESO, o 4 de xuño, invitados polo Concello, repetiu a actividade para ver, neste caso, a representación de Anagnórise , obra da mesma autora. Esta actividade tivo lugar no Centro Cultural da vila.