Somascos a guarda

 O día 16 de maio celebrouse no colexio o Día das Letras Galegas. A conmemoración xa empezara días antes coa creación dun cartel xigante, que reproducía o coche de Anagnórise que ía  “recollendo palabras do galego”; todo o alumnado do colexio pegou nel a súa palabra galega preferida. Tamén estes días líanse carteis nos corredores do centro dedicados  á homenaxeada e traballábase a figura da autora de Leonardo e os fontaneiros.  Rematou a xornada cun festival no que se leron os nomes dos alumnos e alumnas premiados no certame da vila, que organiza a Agrupación Cultural Guardesa, e tamén recolleron a seus agasallados os nenos e nenas premiados no certame do colexio: Xosé Carlos Gómez Alfaro.
Este ano 2018, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras, polo seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura, a María Victoria Moreno, que é a cuarta muller á que se rende homenaxe nesta celebración dende a súa orixe.
 
Naceu María Victoria Moreno Márquez en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma.
 
Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego, e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia.
 
A súa produción literaria en galego é enorme, e a maioría dedicada aos lectores máis novos: «Anagnórise», «Leonardo e os fontaneiros», «E haberá tirón de
orellas?», «Guedellas de seda e liño», «Eu conto, ti cantas» e «A brétema» entre outros.