Somascos a guarda

O venres 23 de febreiro, todo o alumnado do colexio puido ver o vídeo no que estiveran a traballar eses últimos días, e que serviu de homenaxe á quen foi unha senlleira impulsora da lingua galega. A súa creación pretende afondar no poema Adios ríos, adiós fontes. Os máis pequenos do colexio encargáronse de facer debuxos, a modo de pictogramas, para poder entender as primeiras estrofas; os cursos seguintes, os de primaria, traballaron as súas partes correspondentes baseadas no recitado dos versos. Pecharon os alumnos da ESO con diferentes interpretacións, cada cal máis creativa e fermosa.

Tamén se rendeu homenaxe á de Padrón, sumándonos ás actividades do Concello da Vila, que nos invitou a participar na decoración dun muro, como xa vén sendo costume nesta data, con motivos que nos achegan á poetisa, á súa obra. Este ano, os alumnos que participaron na actividade foron os de 5º de Educación Primaria.

muro