Somascos a guarda

portada atalaia

O colexio ten un novo exemplar da revista Novo Atalaia, o número 32, un magazine que foi publicado o 8 de febreiro de 2018, rendendo homenaxe ao noso padroeiro San Xerome. É o resultado do traballo dos alumnos de 2º da ESO na materia de Investigación e Tratamento da Información que recolle o resumo das actividades das diferentes etapas, entrevistas, pequenas reportaxes, deportes e pasatempos. Como portada o lema do colexio neste curso 2017-18: Penso, vivo e aprendo, xunto a unha árbore que simboliza a vida de toda a comunidade educativa.

Debemos buscar as orixes desta revista nos anos 70 no xornal escolar Atalaya cuxos fundadores e redactores foron o clérigo José Luis Montes e o P. Juan Carlos, os profesores Luís Losada e Manuel Fajar, xunto con varios alumnos de BUP. Nos anos seguintes o seu valedor será o P. Varela. No curso 1994-1995 apareceu un novo xornal escolar no colexio baixo o título Novo Atalaia, elaborado por alumnos de BUP da man do profesor Joaquín Miguel Villa Álvarez, quen o incluirá nunha materia escolar chamada EATP porque se deu conta de que ía ser difícil a continuidade da publicación estando fóra do horario escolar e sendo traballo só de voluntarios. Cos anos colleu o relevo a profesora Begoña González Tato, esta vez xa dentro da materia de Técnicas de Expresión Escrita e na actualidade é o centro de traballo da materia de ITI.