Somascos a guarda

Normas de convivencia

O colexio precisa de unha serie de normas que axuden a crear un ambiente educativo, que faciliten a convivencia entre os distintos membros da Comunidade Educativa.

Toda norma de convivencia é un medio para que:

- Se respecte ás persoas

- Se manteña un clima de orde e traballo

- Se acade un ambiente de amizade e cooperación

1. PUNTUALIDADE:

Estar no colexio antes de que toque a campá; xustificar os retrasos e pasados 10 minutos pecharanse as portas.

2. RESPECTO:

- Bos modais, trato respectuoso, evitar palabras vulgares, groseiras e irreverentes. Respectamos as persoas da Comunidade Educativa dentro e fóra do Centro.

- Fomentar o saúdo.

- Empregaremos as papeleiras.

- Faremos un bo uso das instalacións, material e mobiliario do Centro. En caso de danos estamos obrigados a reparalos. Do mesmo xeito, respectarmos o material propio e dos nosos compañeiros.

- O comportamento dentro do Colexio ha de ser respectuoso coas normas morais e os principios relixiosos. Nos actos e celebracións manteremos unha actitude respectuosa.

- Coidaremos o noso aseo persoal e a nosa forma de vestir.

- Os alumnos prestarán atención e participarán nas clases evitando todo aquilo que impida un clima de aprendizaxe.

3. ORDE:

- Orde e limpeza na presentación dos traballos.

- Empregar a axenda axeitadamente para programar as actividades e para comunicarse cos pais.

- As ausencias notificaranse antes ou ao día seguinte, mediante unha nota escrita na axenda. Debe ser firmada polos pais ou titores.

- Os servicios non son lugares de xogo ou de recreo.

Durante o horario escolar evitarase:

- Saír fóra do recinto escolar durante os recreos. Para saír precisaremos unha autorización escrita do Xefe de Estudos ou do Titor.

- Provocar alborotos durante os cambios de clase, nas escaleiras e nos corredores.

- Durante as clases ou actos escolares non está permitido, comer chicle, empregar teléfonos móbiles nin reproductóres de música ou outros aparellos.

4. OS PAIS:

Colaborarán na educación dos seus fillos e fillas:

- Asistindo ás reunións e entrevistas que se programen.

- Evitando entrar nas aulas distraendo a atención dos mestres e alumnos.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.