Somascos a guarda

Período de adaptación

¿En que consiste?

Comezar na escola infantil supón para o neno un cambio importante, xa que implica a separación, por unhas horas, do mundo familiar, onde se sinte seguro e protexido. Pero este período non significa só atoparse nun espazo diferente, pois o neno verá modificado o seu rol, coñecerá a outros adultos e a outros nenos e nenas cos que deberá relacionarse, deberá adecuarse a outro ritmo e horario, etc

Esta nova situación provocará no neno sentimentos de inseguridade, de abandono, de angustia e medo, que darán lugar a múltiples reaccións. Suporalle, por outra banda, adquirir e afianzar a súa autonomía persoal e nivel de socialización, pois encontrarase a soas coas súas posibilidades e limitacións. Para todo isto vai a precisar que os adultos lle ofrezan unha gran comprensión e axuda, esta non consiste en evitar ou minimizar os seus sentimentos, senón entendelos.

Non podemos establecer un tempo de consecución, pois cada neno ten un ritmo e unhas circunstancias persoais propias. O xeito de coma solvente este conflito incidirá sobre o proceso de socialización, a actitude do neno cara a escola e, en consecuencia , cara o aprendizaxe.

¿Quen se adapta?

O neno é o principal creador da súa adaptación ao novo ámbito, é el quen, de xeito persoal e voluntaria, ten que conquistar o reto que se lle presenta. Pero nestes primeiros días non só o neno se adapta, tamén pais, educadores e centro quen, co seu apoio, actuarán coma facilitadores deste proceso.

Os pais, sobre todo os que por primeira vez levan a un neno ao colexio, están cheos de dúbidas, temores sobre se fan ou non fan ben en deixar ao seu fillo tan pequeno, se no centro estará seguro, se a educadora saberao tratar coma se merece, etc. Estes sentimentos serán captados polo neno, que os vivirá coma unha confirmación do que el sinta, facéndose máis problemática a adaptación.

Para evitar en certo grao eses medos dos pais, o mellor e coñecer o lugar e as persoas coas que vai a estar o seu fillo, que actividades fará, etc. Aproveitaremos encontros en momentos anteriores ao inicio do curso, para que pais e fillos coñezan o centro e quen será o seu educador.

O educador suporá para o neno un pilar básico no logro da adaptación, pois convertiráse no modelo adulto que sustituirá aos seus pais no novo contexto, deste xeito deberemos tratar de crear un vínculo afectivo co neno, que lle axudará a sentirse seguro e confiado.

Localización

Pacífico Rodriguez, 6. CP: 36780, A Guarda, (Pontevedra)


Como chegar en transporte público:
Bus: Empresa ATSA (Vigo - A Guarda)

Contacta con nós

Contacta e solventa as dúbidas que teñas.

  •  telefono 986 61 09 75 / (Fax) 986 61 09 03
  • mail icono 8727 96Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.