Somascos a guarda

 10.2 Visita del escritor Pedro Feijoo

No día de hoxe,sete de marzo,achegouse o nose colexio, PP.Somascos-Fundación Educere de A Guarda,un dos autores de maior éxito da nosa Comunidade: Pedro Feijoo.

Cercano,divertido,afable…Pedro Feijoo fixo unha paréntese na promoción do seu novo libro:``Camiñar o Vigo vello´´,para falar cos rapaces de ``Os fillos do mar´´,novela que o descubriu como autor para o gran público e que viña de ler o alumnado de terceiro e cuarto da ESO.

Como ben mantiña a crítica en tempos da publicación de dito libro, Pedro Feijoo entretén e informa sen descoidar a calidade literaria; por iso e pola súa calidade humana, entretivo, informou e deulles ós chavales unha visión do que é o oficio de escritor.

É para nosotros unha honra telo escoitado e aprendido da humildade dos grandes.

Desexámoslle moito éxito nas novas publicacións e agradecemos a quen fixo posible este encontró.